venres, 13 de marzo de 2015

DÍA DE ROSALÍA


Ceip Seixo's Slidely by Slidely Slideshow


                           DÍA  DE  ROSALÍA


Vamos a contar cómo celebramos o día de Rosalía de Castro no colexio de Seixo.

Fixémoslle unha homenaxe o día 24 para celebar o séu nacemento. Recorremos as rúas da vila repartindo pegatinas e poemas. Estabamos moi emocionados porque íamos sair do cole.
A viaxe comezou cunha foto no portal do colexio, cun retrato de Rosalía que fixemos entre todos.
Visitamos o bar Ache, o restaurante a Brasileira, a tenda de Peneireiro, a ferretería José Vicente e a floristería "Máis que flores", rematando  o percorrido na perruquería Juan Vilar e na perruquería de Cristina Souto. Na floristería "Máis que flores" amosáronos peixes, tartarugas, iguanas, hanster,
páxaros e diversas flores.
Na perruquería Juan Vilar recitamos unha poesía de Rosalía e  agradeceron a nosa visita dándonos caramelos.
A pesar de que choveu un pouco pasámolo moi ben recorrendo o pobo e recitando cantigas de Rosalía. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario